“Villa Solita” naceu como un espazo de retiro ao marxe dunha cidade industrial en pleno proceso de expansión. Unha vivenda enmarcada indiana que, modestamente podería enmarcarse como capricho para alguén que sae da cidade para abrir a mente e descansar.
Unha das tarefas fundamentais na conservación para a transmisión do
patrimonio consiste en colocar os bens no centro da vida socio-cultural dunha comunidade. Tras a rehabilitación deste conxunto arquitectónico polo Concello de Vigo, “Villa Solita” preséntase ante a cidade como un espazo aberto con múltiples posibilidades dende o punto de vista cultural da cidade.
Neste contexto nace “Curiosidades Solita” un proxecto que busca ofrecer este espazo á escena emerxente local a modo de “gabinete de curiosidades” coa fin de consolidalo como punto de intercambio entre artistas e público local para que xurdan diálogos e dinámicas en torno ao patrimonio.
O proxecto
Curiosidades solita é un proxecto que busca consolidar novos espazos para a difusión e goce da música en directo na cidade de Vigo. Aproveitando a apertura deste novo espazo para a cidadanía, este proxecto busca ofrecer unha proposta musical aberta e incluisva para o público xeral en forma de concertos de artistas emerxentes o cunha proposta musical persoal e diferenciadora. O nexo común será a curiosidade é a novidade, algo que vai máis aló do estilo.
Edicións anteriores
Tes unha proposta musical?
Se estás interesado en participar, cubre este formulario





